Un ano máis, dende a Asociación Galega de Áridos celebramos a IX Xornada Técnica de Responsabilidade Social Empresarial no eido da seguridade e saúde laboral no sector dos áridos. Este ano centrada nas novidades técnicas e xurídicas na prevención fronte á inhalación do po de sílice cristalina respirable.
A xornada será o martes 29 de outubro dende as 10.00 ata as 13.30, na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Rúa de San Roque 2 – Santiago de Compostela.
Contaremos coa valiosa participación de empresas do sector, a administración, a Inspección de Traballo e a Fiscalía de Seguridade e Saúde. Abordaremos interesantes temas como as boas prácticas empresarias, as novedades lexislativas, o papel da administración na prevención, as enfermidades profesionais e o recargo de prestacións, as implicacións xurídicas e o impacto do absentismo laboral.
Pode consultar o programa completo no seguinte enlace.
Esperando que sexa de interés, e a súa apretada axenda o permita quedamos á espera de que confirme a súa asistencia antes do 22 de outubro.